"Dende as alturas",nova exposición na Casa da Xuventud<br />
Dende as alturas é a segunda exposición de Josías Figueirido na cidade de Vigo. Nela, o visitante atoparase cunha selección de debuxos e pinturas que mostran diferentes paisaxes do entorno vigués.A mostra poderase visitar ata o 14 de outubro na sala de exposicións da Casa da Xuventude.
Despois de sete anos na capital inglesa, e dende a súa chegada á cidade galega, o artista amosou un especial interese pola beleza do encadro natural. En palabras de Josías: Sendo pintor e vivindo en Vigo non podería se non dedicar unha boa parte da miña práctica á paisaxe.
Nas obras expostas atoparemos vistas da cidade e das aforas, parques, xardíns, praias, e outras paraxes. Ás máis das veces os traballos revelan un gusto realista pero innovador, buscando plasmar a esencia visual do lugar. Unha minoría de traballos amosan un lado máis experimental onde o artista, mediante un persoal uso das cores e da linguaxe formal, mergúllase nun intento por captar as experiencias máis subxectivas e evocadoras da paisaxe.
Ademáis tres charlas:
a evolución da pintura de paisaxes ó longo da historia da arte
1) Dende os comezos ata o século XVII. Venres 30 de septembro ás 18.30 horas.
2) Séculos XVIII e XIX. Venres 7 de outubro ás 18.30 horas.
3) Século XX e XXI. Mércores 12 de outubro ás 18.30 horas.
Sala de exposicións da Casa da Xuventude,rúa López Mora,31
Horario de visitas de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
www.xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes