Escoitar

O Goberno incorpora dous novos vehículos de atestados á flota da Policía Local

A Policía Local conta desde hoxe con dous novos vehículos de atestados co que a flota de vehículos incorporados durante este ano á flota da Policía Local ascende a 46, o que supuxo un investimento de 1.327.000 euros. Durante a presentación, o rexedor destacou, asimesmo, o incremento de casi un centenar de efectivos nos últimos catro anos.

xoves, 29 set 2011
1317299629alcaldepolicias.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe xoves dous novos vehículos de atestados da Policía Local, nun acto no que destacou a necesidade de ter un bo material, "seguramente -indicou- é máis importante para Atestados que noutras seccións. Cada vehículo (Citroën Jumper), detallou, custa sobre 60.000 euros (30.000 de coche e 30.000 para adaptalo ás necesidades dos axentes). O alcalde lembrou na úa intervención que no 2011, o Goberno municipal incorporou 46 novos vehículos á flota da Policía Local, dos que foron 18 automóbiles, 28 motos, cun investimento de 1.327.000 euros. Ademas, engadiu, procedeuse á renovación de uniformes, á construcción da galería de tiro, e á renovación da emisora e redes de comunicación da Policía.

"Temos unha Policia Local equipada cunha boa flota, cos equipos máis modernos e cos medios necesarios", destacou incidindo en que "incrementamos en case un centenar de efectivos nos últimos catro anos". Rematou a súa intervención reiterando o apoio e recoñecemento do Goberno municipal aos axentes da Policía Local nas súas actuacións.
1317299629alcaldepolicias.jpg
1317300504cocchesatestados.jpg
1318497489IMG_2820.JPG
1318497503IMG_2826.JPG
1318497516IMG_2855.JPG
1318497541IMG_2828.JPG