Escoitar
Unha mostra artística, valente, crítica, para contribuír ao cambio necesario na nosa forma de vida

Chega a Vigo "PUERTAS", unha exposición sorprendente sobre o mundo en que vivimos

O venres, 30 de setembro, ás 20 horas, inaugúrase na Casa das Artes a exposición "PUERTAS. A Vida que levamos. O Mundo que queremos", unha mostra de 500 m2, artística e comprometida, que xa foi visitada por 25.000 persoas en diferentes cidades españolas. É a primeira vez que a exposición pode verse en Galicia.

xoves, 29 set 2011
A exposición descifra paso a paso o mundo en que vivimos a través dun percorrido por CATRO MUNDOS: Mundo ‘Feliz’, Mundo Real, Falsos Remedios e Mundo Posible. Para o tratamento dos temas utilizáronse 46 portas (metáforas do noso mundo: portas de avión, de supermercados, de caixas forte, de minas, de neveiras, de escolas, etc.), 22 vídeos e proxeccións, sons direcionais, cheiros, rastros...

A Alcaldía de Vigo, as concellería de Política de Benestar, Cultura e Festas , así como o Consello de Cooperación Internacional e Solidaridade de Vigo apoian este proxecto de sensibilización para concienciar á poboación, xunto con outras institucións como a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) que promoven esta exposición.

A exposición está organizada pola Plataforma 2015 e Máis -formada por 17 ONG que defenden unha globalización alternativa, capaz de devolver a dignidade humana por centos de millóns de persoas hoxe excluídas- e producida por CIPÓ Company, empresa dedicada á concienciación social.

A exposición permanecerá na Casa das Artes do 1 de outubro ao 30 de novembro.