Escoitar

Abel Caballero anuncia unha reunión coa Secretaria Xeral do Mar e cos directivos de Conxemar para apoiar á feira viguesa

O alcalde de Vigo indicou este mércores que o propio dia da inauguración de Conxemar celebrará unha reunión coa Secretaria Xeral do Mar e coa dirección da feira para articular o apoio municipal e estatal ao evento. Caballero adiantou que o Goberno de España incrementará un 5% os recursos económicos para Conxemar e recordou que o Concello está disposto a aportar recursos para respaldalo ante "competencias desleais", singularmente a Seafood de Barcelona.

mércores, 28 set 2011
1317214813alcalde4.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores a celebración dunha reunión a tres partes coa Secretaria Xeral do Mar e a dirección da feira para apoiar a Conxemar, o evento de conxelado "máis importante do mundo".

Caballero recordou que solicitou por escrito ao Ministerio de Pesca o incremento do apoio económico a Conxemar tras a caída xeralizada das aportacións a este tipo de feiras. O rexedor anunciou que o Ministerio incrementará a partida para Conxemar nun 5% e ten a "vontade política" de continuar respaldando o evento.

O alcalde tamén resaltou a "vocación absoluta" do Concello e de Conxemar "facer fronte a calquera competencia desleal que pretenda ocupar o noso espazo", singluarmente a SeaFood de Barcelona, e recordou que o goberno local "está disposto a aportar recursos" para apoiar Conxemar e contrarrestar "competencias desleais".
Descargar todas as imaxes