Escoitar
O Auditorio Municipal acollerá 20 funcións ata fin de novembro

O alcalde confia en situar a Vigo no "lugar central do desenvolvemento da cultura en Galicia"

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentaron hoxe martes a programación estable de artes escenénicas do Auditorio Municipal para os meses de setembro a novembro. Segundo destacou, a programación aposta por unha liña que pretende a consolidación de públicos a través das artes escénicas, cos mellores espectáculos de teatro e danza que están nestes momentos circulando en Galicia e fóra dela, así como un claro obxectivo de formación de novos públicos a través dos programas pensados para os máis cativos.

martes, 27 set 2011
1317122537presentacionauditorio.jpg
A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abeliras, subliñou que a programación conta para este último trimestre do ano con un total 20 funcións que abarcan diversos xéneros como o teatro, a comedia, os monicreques, monólogos, maxia e danza, dende este venres 30 de setembro ao 27 de novembro.

Os tres programas que compoñen esta tempada son o "Con T de Teatro", "Con t minúsculo" e "Vigo en danza".

"Con T de Teatro" é un programa concebido para público adulto, que se realiza todos os venres ás 21 horas e cuxas entradas teñen un prezo de 7 €. O número total de funcións para este trimestre será de 9.

"Con t minúsculo" está pensado para o público familiar, e ten lugar todos os domingos ás 18 horas. O prezo das entradas é de 5 € para persoas a partir de 13 anos e de 3 € para nenos e nenas até 12 anos. O número total de funcións para este trimestre é de 9, incluíndose dentro delas un espectáculo de danza contemporánea pensado para público infantil e adolescente no afán da procura desta concellería por achegar o gusto pola danza a todos os vigueses e viguesas.

Por último, e precisamente nesta procura, está o programa "Vigo en danza", que se realiza un sábado no mes ás 21 horas e que achega propostas da danza contemporánea que se está a desenvolver en Galicia. O prezo das entradas é de 5 €.

Nesta programación participan un total de 14 compañías galegas e 6 compañías de fóra de Galicia.

As entradas se poden adquirir anticipadamente a través da páxina web www.laboleteria.es dende hoxe martes ás 14h, ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio.

Ademáis existen abonos mensuais ou á carta para poder beneficiarse de descontos pola compra de varios espectáculos.
Descargar todas as imaxes