O Verbum presenta o seu plan para o 4º trimestre de 2011
O Verbum – Casa das palabras presentou hoxe no Concello de Vigo o seu programa para o que queda de 2011. A concelleira de cultura Isaura Abelairas debullou o programa e as diferentes actividades do<br /> museo, relacionado con todas as artes e formas da comunicación.
A concelleira destacou o esforzo por levar a cabo estas actividades, que durante os tres primeiros trimestres do ano achegaron ao museo 30.683 visitantes, 205 máis que o ano anterior, incrementándose especialmente os visitantes á sala permanente e ás exposicións temporais do museo.
O Verbum Casa da Palabras afronta este último trimestre do ano cunha programación que lle permitirá pechar ciclos abertos ata o momento e pon xa a mirada nas novas liñas de traballo propostas no seu recentemente presentado Plan Director.
Seguen en marcha as dúas grandes exposicións abertas en primavera: Vigo Cidade Babel, Galicia nas Ondas e Vilagrafías, que rematará a finais de outubro.
Ademais retoma os obradoiros dominicais para familias con temáticas que achegarán aos máis pequenos ao mundo da diversidade lingüística sen esquecer a literatura como tema básico de traballo.
Os domingos 9, 16, 23 e 30 de outubro de 2011 de 12 a 13:30 haberáObradoiros de creación literaria, para nenos de 5 a 12 anos acompañados dos seus pais.
Os domingos 6, 13, 20 e 27 de novembro de 2011 de 12 a 13:30 haberá Obradoiros titulados A viaxe fantástica de Cunqueiro, dirixido a nenos de 5 a 12 anos acompañados dos seus pais.
Os domingos 4, 11 e 18 de decembro de 2011 de 12 a 13h haberá Obradoiros titulados A Alfombra Viaxeira para nenos de 5 a 12 anos acompañados dos seus pais.
Ademais haberá un achegamento á Xeración Nos mediante un espectáculo teatral de produción propia do Verbum no que, por medio de dous actores e unha actriz, emulando aos membros que constituíron esta Xeración. Este espectáculo terá sesións para escolares o xoves 24 e venres 25 de novembro
de 2011, en pases ás 10 e ás 12, e sesións para familias o sábado 26 de novembro de 2011 ás 12 e ás 18h.
E para persoas con inquietudes culturais interesadas na filosofía e os pensamentos contemporáneos haberá a II Edición de Novas tendencias do pensamento contemporáneo. Isto será o martes e xoves do 11 ao 27 de outubro de 2011, de 18 a 19:30h.
Dentro da acción cultural, a música, a danza e o audiovisual acompañarán á palabra e á poesía en tódalas súas diversas manifestacións no festival 6x6.
Isto serán os xoves do 27 de outubro ao 1 de decembro de 2011, de 20:30 a 21:30.
Para mañá mesmo haberá a Presentación do novo poemario de María do Carme Kruckenberg. O Enigma do Segredo. Será ás 20,00 horas. A voz lírica de Kruckenberg achégase ao pasado con sabedoría e coñecemento, pero afronta o futuro coa emoción do descoñecido, sempre co amor -o enigma–
como postura existencial.
Para os amantes do audiovisual, poderemos ver as últimas tendencias en vídeo e documental no certame Secuencia Cero, 8º Certame de Vídeo e documental. Isto será o 17, 18 e 19 de novembro de 2011 a partir das 19h.
O Verbum acollerá a programación doutras entidades nas súas salas, como o Recital de poesía "Vigo y su talismán" do grupo de poesía Brétema, o 8 de outubro de 2011 de 19 a 20h, ou a 1ª Edición da Mateada Cultural, o 5 de novembro de 2011, de 18 a 19h.
Os espazos do Verbum acollerán ademais outras actividades por cesión ou aluguer de salas, como o Homenaxe póstumo ao irmán Virxilio González, organizado por Aspanaex o 1 de outubro de 2011; as V Charlas Formativas Aspanaex: Benestar físico e emocional das persoas con discapacidade
intelectual o 7 e 8 de outubro de 2011; a 6ª Xuntanza Internacional de Habaneras e Canto Coral o 15 de outubro de 2011; as Xornadas anuais sobre hiperactividade organizadas por Anhida - Asociación de Nenos con Hiperactividade e Déficit de Atención os días 11 e 12 de novembro; o Ciclo de
Cine Infantil, organizado pola Concellería de Benestar Social, os días 13, 20 e 27 de novembro de 2011 de 17’30 a 19’30h; e finalmente as Xornadas Feafes organizadas pola Federación de Asociacións de Familiares e enfermos mentais de Galicia os días 1 e 2 de decembro de 2011.
Descargar todas as imaxes