Escoitar

Caballero avanza que Urbanismo ultima unha nova proposta para Barrio do Cura

O alcalde de Vigo avanzou que a Concellería de Urbanismo está ultimando unha nova proposta de planeamento para o ámbito do Barrio do Cura, unha vez que a Comisión de Patrimonio non autorizou o derribo dalgúns edificios, tal e como solicitou a propietaria o pasado mes de abril. Tras pedirlle á Comisión "máis celeridade na resposta, Caballero explicou que solicitarán á propietaria que reitere a petición de demolición, para que sexa aceptada e "resolvamos un problema de bastante envergadura na cidade".

xoves, 29 set 2011
1317299666alcaldeconprensa.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que a Concellería de Urbanismo está ultimando unha nova proposta de planeamento para Barrio do Cura, unha vez coñecida a decisión da Comisón de Patrimonio de non aprobar os derribos dalgús edificios solicitados pola propietaria o pasado mes de abril, petición reiterada en xullo e agosto. Logo de solicitar ao organismo provincial "máis celeridade" na resposta xa que "non poden ter parada unha actuación destas caracterísiticas durante seis meses", o rexedor destacou a súa vontade de cooperación coa Comisión para "resolver un problema de bastante envergadura para a cidade". A partir de agora, precisou, presentaremos unha proposta que "termine coas incertidumbres" e solicitaremos á propietaria que volva pedir a demolición dos edificios en estado de ruína para que nun prazo "breve" a empresa esté en condicións de facer un derribo "moi necesario".

Descargar todas as imaxes