Abel Caballero defende o vehículo eléctrico como estratexia contra o cambio climático
"Observamos con preocupación que a crise, de gran dureza, e a necesidade de pervivencia están a cambiar la escala de valores", apuntou o alcalde, un cambio no que o medioambiente non pode ver alterada a súa posición prioritaria na axenda política. Caballero participou este venres no Auditorio Mar de Vigo na mesa "Mobilidade Urbana. Vehículo Eléctrico", dentro do I Foro Atlántico de Desenvolvemento Sostible.
Na súa intervención, o alcalde vigués defendeu que Vigo é hoxe unha urbe máis sostible grazas ás humanizacións realizadas, que implicaron máis espazo para os peóns e unha maior masa verde nas rúas, priorizando o tránsito peonil sobre o rodado.
Sobre o vehículo eléctrico, Caballero indicou que será a "revolución" no sector e entederase como un cambio "global" na forma de entender a circulación nas cidades, ao tratarse dun modo de transporte sostible, ecolóxico e económico.
Descargar todas as imaxes