Teatro familiar no Auditorio Municipal
A compañía Marie de Jongh subirá ao escenario do Auditorio Municipal o domingo 2 de outubro ás 18 horas para retratar en "Humanos" a dous robots aparentemente humanos que recrean condutas humanas onde nada é para sempre. Prezo: adultos 5 €, menores de 12 anos 3 €
Sinopse:
"Humanos" conta a historia de dous robots de apariencia humana (Replicantes), que viven envoltos nunha felicidade... aparente. Recrean constantemente unhas condutas humanas, pero o fan de forma bastante artificial. Probablemente pretenden actuar así indefinidamente, pero todo cambia cando un deles empeza a fallar.
"Humanos" é unha historia que nos conta que nada é para sempre, pero que aínda así, paga a pena vivir a vida. Os humanos temos límites e sen embargo, eses mesmos límites nos empurran a desenvolver as nosas ilimitadas posibilidades.
Compañía: Marie de Jongh
Espectáculo: Humanos
Xénero: Teatro monicreques
Idade recomendada: a partir de 5 anos
Dirección: Jokin Oregi
Vestiario: Mayda Zabala
Música: Santiago Ramos
Idioma: castelán
Duración: 55 minutos
Prezo: Adultos: 5 €, nenos menores de 12 anos: 3 €
Descargar todas as imaxes