Escoitar

O alcalde indicou que as cinco novas humanizacións licitadas superan os 10 millóns de investimento

Abel Caballero informou este venres da saída a concurso dos proxectos de humanización das rúas Nicaragua, Menéndez Pelaio, Doutor Marañón e as segundas fases de Aragón e Martínez Garrido, sumando un importe total de 10,8 millóns de euros. O alcalde defendeu as humanizacións como "modelo de cidade sostible", xeradoras de economía e creadoras de "miles de postos de traballo".

venres, 14 out 2011
1318596236jardincillo.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou en 10,8 millóns o importe dos cinco proxectos de humanización licitados polo goberno local este venres, nas rúas Nicaragua, Menéndez Pelayo, Doutor Marañón e as segundas fases de Aragón e Martínez Garrido.

Segundo detallou Caballero, a Xunta de Goberno Local deu luz verde aos proxectos de mellora de Nicaragua (2.525.000 euros), Menéndez Pelaio (2.475.000 euros), Doutor Marañón (807.000 euros), Aragón (Fase II: 2.500.000 euros) e Martínez Garrido (Fase II: 2.500.00 euros).

Estas reformas súmanse ás iniciadas o pasado sete de setembro na súa tramitación, para as rúas Brasil (2,1 millóns), Juan Ramón Jiménez (500.000 euros), Pintor Colmeiro (870.000 euros) e Ramón Nieto (1,5 millóns), totalizando investimentos de 16 millóns de euros.

Abel Caballero apuntou que "seguimos facendo esta nova cidade" por ser un "compromiso político" do goberno de Vigo coa cidadanía e tamén por axudar a construir un "modelo de cidade distinto, sostible", ademais de por xerar economía e "miles de postos de traballo".

Axudas á educación
O primeiro edil tamén informou das axudas concedidas en Xunta de Goberno Local para libros, material escolar e bolsas de comedor para este curso. O Concello, a través do departamento de Política de Benenstar, adica 700.000 euros para esta finalidade, ao que engádese unha cantidade similar da Concellería de Educación. En total, case millón e medio de euros para achegas de libros e comedor. O alcalde recordou que en 2007 a partida para este fin era de 400.000 euros.
Descargar todas as imaxes