luns, 10 outubro 2011

Caballero propón a construcción dunha conducción de emerxencia entre os ríos Oitavén e Verdugo á Estación Depuradora do Casal

O Concello de Vigo vai remitir á Xunta e ao Ministerio de Medio Ambiente un proxecto de conducción de emerxencia entre a confluencia de Verdugo e Oitavén cara a ETAP de Casal para garantir o abastecemento en previsión de que nos próximos dez días non chova. Caballero, quen recordou que a presa de Eiras está ao 46,38%, indicou que "usando o excedente de caudal dos ríos, por riba do ecolóxico, obteríamos o 60 por cento do que se consumo da cidade".

O alcalde deu lectura a un manifesto polo Día Mundial da Saúde Mental

luns, 10 out 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este luns no acto organizado pola Asociación DOA para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental, no que o rexedor deu lectura a un manifesto para a "integración social" dos enfermos e chamando á "acción social colectiva" en favor destes e dos seus familiares. Caballero reiterou o "apoio" do Concello a DOA e a calquera entidade que traballe polos dereitos dos enfermos mentais.

O rexedor entrevistouse cos organizadores do 23º Congreso Nacional de Libreiros, que reunirá en Vigo a unhas 250 persoas

luns, 10 out 2011

O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión co comité organizador deste Congreso, que celebrarase en Vigo no mes de marzo de 2013. A cidade acollerá por tanto o foro no que os profesionais farán balance da situación das librerías e do sector do libro. A organización prevé reunir na cidade olívica a unhas 250 persoas durante catro días.