A mostra "Con A de astrónomas" na Casa das Mulleres
A exposición presenta un percorrido polo papel da muller na Astronomía, a través dunha serie de paneis nos que se tratan os principais fitos da Astrofísica, onde o papel da muller foi fundamental desde a antigüidade ata os nosos días. A mostra pódese visitar durante todo o mes de outubro na Casa das Mulleres, rúa Romil 20.
Con A de astrónomas, é froito do traballo de 9 mulleres astrónomas de distintos centros de investigación, atopándose entre elas Josefina Ling, profesora de Astronomía e Astrofísica da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, que exerce ademais como comisaria da exposición xunto a astrónoma Eulalia Pérez Sedeño.
A exposición presenta un percorrido polo papel da muller na Astronomía, a través dunha serie de paneis nos que se tratan os principais fitos da Astrofísica, onde o papel da muller foi fundamental desde a antigüidade ata os nosos días. A descuberta dos púlsares, a estrutura a gran escala do universo ou a medida das distancias estelares pasearán ante os nosos ollos explicados dunha meneira divulgativa e amena.
Os paneis que conforman a exposición tratan conceptos astronómicos, contextualizan a historia da astronomía mostrándonos a relación entre a astronomía e a cultura, visibilizando a achega das mulleres a esta ciencia.
A mostra, estará aberta á cidadanía e pódese visitar durante todo o mes de outubro, de luns a venres de 17:30 h. a 21:30 horas,
Lugar: sala de exposicións da Casa das Mulleres. R/Romil,20
Descargar todas as imaxes