martes, 4 out 2011
Abel Caballero avogou hoxe martes porque a Marca Vigo permita difundir e coñecer a nosa cidade en toda España. Durante unha intervención no Foro Nova Economía, Caballero culificou de "estratéxicos e vitais" a industria da automoción e o naval, ao tempo que avanzou, con apoio dos orzamentos municipais, "unha aposta decidida pola diversificación económica". Nesta liña anunciou "unha grande movilización desta cidade buscando o seu futuro, potenciando a capacidade de Vigo para facer escoitar a súa voz", un proxecto, que se canalizará a través da Vigo Convention Bureau. <br />
martes, 4 out 2011
No acto de apertura da décimo terceira edición desta Feira do Conxelado, Abel Caballero subliñou a tradición pesqueira e transformadora da cidade de Vigo e reclamou o respaldo das institucións a Conxemar. O evento, que pechará as súas portas o xoves, reúne no IFEVI a 520 expositores de 39 países completando a totalidade da superficie bruta expositiva, 31.500 metros cadrados. <br />
martes, 4 out 2011
"O Universo: física e filosofía" e o tema central das XX Xornadas de Filosofía que organiza a agrupación Aletheia en colaboración co Concello de Vigo e que se celebran os días 4,5 e 6 de outubro no auditorio municipal. Os ponentes das xornadas son expertos nos temas do Universo, tanto desde a súa visión filosófica como física e astronómica.
Anuncio
martes, 4 out 2011
Dacordo co artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985 de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral comunícase que estará aberto un servizo de consulta do Censo Electoral no concello de Vigo, dende o dia 3 ata o dia 10 de Outubro, ambos inclusive na oficiña de Estatística co seguinte horario:mañá de 9 a 14,00 horas e tarde de 17 a 19 horas.<br />