xoves, 6 out 2011
A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, instou hoxe á Administración autonómica a atender as "xustas" peticións duns veciños dun edificio de protección oficial de Navia. Durante un encontro con afectados, Silva garantiu o compromiso do Concello de Vigo de dirixirse ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para trasladarlle as súas queixas.<br />
xoves, 6 out 2011
Abel Caballero e o representante veciñal da Asociación Curva de San Gregorio asinaron hoxe xoves un convenio polo que o Concello aporta 3.000 euros para organizar cursos de tecnoloxías da información e da comunicación e sufragar parte do aluguer do local. O alcalde recordou que a AVV cooperou co goberno local na humanización da segunda fase de Tomás Alonso.
xoves, 6 out 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, mantiveron este xoves unha reunión cos novos responsables de APEC, cos que o goberno local mantén unha "magnífica relación". Os mandatarios municipais transmitiron algunhas das melloras que está a introducir o Concello na normativa municipal para facilitar a edificación.
xoves, 6 out 2011
O Multiusos de Navia acollerá este sábado por vez primeira o Cidade de Vigo de judo, que cumpre dez edicións como gran premio internacional aínda que lévase disputando dezaseis edicións con esta. Este evento, organizado pola Federación Galega de Judo, abandona o seu tradicional domicilio de Coia (aínda que tamén se viviu nas Travesas e Bouzas) para acudir "á instalación máis moderna que temos hoxe en día", sinalou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández.
xoves, 6 out 2011
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 7 DE OUTUBRO DE 2011