Silva solicita á Xunta que atenda as "xustas" reclamacións dos veciños de Navia
A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, instou hoxe á Administración autonómica a atender as "xustas" peticións duns veciños dun edificio de protección oficial de Navia. Durante un encontro con afectados, Silva garantiu o compromiso do Concello de Vigo de dirixirse ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para trasladarlle as súas queixas.<br />
A concelleira de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos, Carmela Silva, comprometeuse hoxe xoves a trasladarlle ao Instituto Galego de Vivenda e Solo as "xustas" reclamacións dos veciños dun edificio de protección oficial de Navia. Logo dun encontro con afectados, no que lle transmitiron á concelleira as súas queixas por falta de información e de solucións aos desperfectos do inmoble, Carmela Silva avanzou a súa intención de trasladar un informe detallado, que elaborarán os veciños, con todas as deficiencias detectadas en el edificio e que deben ser solventadas pola Xunta, como titular do inmoble.
A concelleira explicou que fará esta petición ao IGVS "desde un espíritu colaborador, non de confrontación", co único obxectivo de solucioar los problemas de estos vecinos. "Consideramos que o primeiro deber das administracións é dar cumprimento ás peticións xustas dos ciudadáns". Concluíu reiterando que o edificio foi construído pola Xunta e, polo tanto, segue sendo responsabilidade desta administración.
Descargar todas as imaxes