Escoitar

O concelleiro de Deportes confirma o compromiso do Concello co atletismo na presentación da Vigo+11<br />

A quinta edición da carreira popular Vigo+11, Trofeo El Corte Inglés, aspira a levar a vinte das principias rúas da cidade a uns 1.500 deportistas o vindeiro día 16, nun mes en que Galicia enteira programou numerosas probas atléticas populares, segundo explicouse na presentación da proba atlética urbana que percorre boa parte de Vigo. A carreira viguesa, gañada os dous últimos anos por Lolo Penas en categoría masculina e pola portuguesa Doroteia Peixoto en feminina (2010), con 2.800 euros en premios, xa abriu o prazo de inscrición e pode presumir dun gran apoio de patrocinios privados, ademais do respaldo do propio Concello de Vigo.

mércores, 5 out 2011
1317820727manel.JPG
A novidade respecto de 2010 supón a recuperación do paso completo por Areal, liberado de obras do aparcadoiro, en lugar de por Rosalía Castro, e a organización, a cargo da delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo, avanzou que o circuíto urbano será de 11 quilómetros con esta modificación, cando en anos anteriores era duns 10,7 quilómetros.

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asegurou que "nuns tempos que non son boiantes é momento de traballar polo que paga a pena", e incidiu no apoio que "merece o deporte de base", situando nese concepto as probas atléticas populares como a Vigo+11. O concelleiro agradeceu o pulo das empresas privadas e asegurou que o seu departamento seguirá "traballando con racionalidade e eficacia, mantendo o compromiso co mundo do atletismo".

O concelleiro socialista lembrou que a proba dominical "pertence tamén ao circuíto de carreiras populares Cidade de Vigo", que engloba sete carreiras (a Media Maratón Cidade de Vigo caeuse do calendario deste ano ao trasladarse probablemente a 2012), sendo esta a quinta.

Pola súa banda, José Manuel Branco, director de Relacións Institucionais de El Corte Inglés, asegurou que as numerosas firmas que colaboran coa Vigo+11 "son o mellor aval para garantir o éxito do presente e a proxección do futuro", marcando como "ideal" que en vindeiros anos a carreira "chegue aos 2.000 atletas".

Ademais da proba absoluta, ás 11:11 horas, haberá n circuíto na Alameda para probas de infantís, cadetes, benxamíns e alevíns (10:30). En 2010 os participantes que remataron a proba senior foron 920 e dende que este evento lanzouse en 2007 non parou de crecer. Lucía Molares, delegada territorial da Xunta, recordou que "esta é unha actividade para que a xente adquira hábitos de vida saudable".

A inscrición, aberta a federados e populares, pode realizarse na planta de Deportes do Corte Inglés ata as 21:00 horas do día 11 ou a través da web www.championchipnorte.com, ata as 24:00 horas do día 12. O custo é de 5 euros para a proba absoluta, sendo de balde para nenos e nenas de categoría benxamín, alevín, infantil e cadete, que se poden inscribir a través da web da federación.

Descargar todas as imaxes