Escoitar

As xornadas de filosofía de Vigo profundizarán sobre o Universo

"O Universo: física e filosofía" e o tema central das XX Xornadas de Filosofía que organiza a agrupación Aletheia en colaboración co Concello de Vigo e que se celebran os días 4,5 e 6 de outubro no auditorio municipal. Os ponentes das xornadas son expertos nos temas do Universo, tanto desde a súa visión filosófica como física e astronómica.

martes, 4 out 2011
1317723896fia.jpg
Algúns dos participantes dirixen programas extraordinarios relacionados cos descubrimentos de novos planetas, con proxecto sobre as partículas elementais descubertas no acelerador de partículas do CERN, coa investigación sobre a materia escura, etc. Os organizadores estan convencidos de que o programa desta edición "pode resultar dun nivel intelectual indiscutible e que a cidadanía de Galicia, especialmente a de Vigo, gozará dos relatorios e aprenderá coñecementos que non poderán adquirir en ningún outro foro".

Programa

Día 4, martes.-
16.30h..- Apertura das XX Xornadas
17.00h. - José Manuel Sánchez Ron.
Ciencia versus tecnoloxía no estudo do universo: de Brahe ao Telescopio Espacial "Hubble"
18.00h..- Coloquio.
18.30h. - Descanso

19.00h.- Ramón Lapiedra.
O fracaso experimental do realismo e a mecánica cuántica
20.00h.- Coloquio
20.30h. - Final sesión

Día 5, mércores.-
17.00h. - Jesús Mosterín.
Coñecemento e especulación en cosmoloxía
18.00h.- Coloquio.
18.30h. - Descanso.

19.00h.- Álvaro de Rújula.
O baleiro e a nada, ou a expansión do Universo e o Bosón de Higgs
20.00h.- Coloquio
20.30h. - Final sesión

Día 6, xoves.-
17.00h.- Ana Ulla.
É certo que somos po de estrelas?
18.00h.- Coloquio.
18.30h.- Descanso.

19.00h.- Jorge Mira.
Que distancia nos separa do firmamento?
20.00h.- Coloquio
20.30h.- Clausura

Descargar todas as imaxes

Máis información