Caballero asegura que a cesión ao IFEVI de 600 aparcamentos en Peinador resolve un dos "grandes problemas" do recinto feiral
<br /> O alcalde de Vigo recibiu hoxe luns esta "magnífica nova" tras terse asinado o convenio na Alcaldía entre o Instituto Feiral de Vigo e o aeroporto de Vigo. Segundo explicou Caballero, o novo aparcamento de Peinador reservará 600 prazas -ampliables a 900, dependendo da demanda- para uso do recinto feiral, resolvendo así "un dos grandes problemas" do IFEVI.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou hoxe luns que a cesión ao IFEVI de 600 prazas do novo aparcamento de Peinador ven resolver "un dos grandes problemas" que presentaba o recinto feiral de Cotogrande.
A rúbrica do convenio entre o xerente do IFEVI e a directora de Peinador tivo lugar este luns na Alcaldía de Vigo, unha "magnífica nova" recibida hoxe polo alcalde, quen explicou posteriormente que o acordo permitiría tamén ampliar a reserva de estacionamentos ata os 900.
Abel Caballero asegurou que esta colaboración é posible polo "bo traballo" que estase a realizar no aeroporto de Vigo, onde o recén inaugurado aparcadoiro permite tanto dar servizo á propia demanda dos viaxeiros como mellorar a capacidade do IFEVI.
Descargar todas as imaxes