Escoitar

O alcalde di que "non imos abandonar o proxecto do actual albergue ata que estea asegurada" a opción de Marqués de Valterra

Abel Caballero certificou hoxe luns "Vigo vai ter albergue" ben no edificio da antiga Escola de Hostelería, ben en Marqués de Valterra, proposto polos Misioneros do Silencio este pasado fin de semana. Os traballos de adaptación do inmoble do Berbés continuarán segundo o plan previsto, ao ser "imprescindibles" para acoller calquera uso municipal.

luns, 3 out 2011
1317659426alcalde2.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou hoxe luns que "non imos abandonar o proxecto do actual albergue ata que estea asegurada" a opción de Marqués de Valterra.

A pasada fin de semana, os Misioneros do Silencio propuxeron que o local de Marqués de Valterra acolla o albergue que constrúe o Concello, en lugar da alternativa en marcha no Berbés, no edificio da antiga Escola de Hostelería.

O alcalde certificou que "Vigo vai ter albergue" ao continuar o goberno local co proxecto do adaptación do inmoble do Berbés ata non confirmarse a posibilidade de Marqués de Valterra, xa barallada polo Concello hai un ano e retomada este verán con distintas reunións mantidas pola concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas.

No tocante á nova alternativa aberta, Caballero considerou que "a apariencia é boa" e parece "posible" levala a bo porto para constituílo como albergue definitivo. Marqués de Valterra é unha localización "altamente probable" pero a "certa" atópase no Berbés, polo que o goberno local continuará sen dilación coas obras de adaptación, ao ser estas "imprescindibles" para calquera uso de carácter municipal.

Descargar todas as imaxes