Escoitar

Xunta de Goberno Local

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 7 DE OUTUBRO DE 2011

xoves, 6 out 2011
1.- Acta da sesión ordinaria do 30 de setembro de 2011.

BENESTAR SOCIAL
2.- Indemnización substitutiva por importe de 41.960,43 € a favor de "Fundación Aldaba" pola prestación dos servizos do dispositivo de atención á infancia e á familia durante o mes de agosto de 2011. Expte 68578/301.

CONTRATACIÓN
3.- Prórroga do contrato de Servizo de xestión e desenvolvemento da Escola Municipal de Teatro. Expte. 9958/332.

CULTURA E FESTAS
4.- Indemnización substitutiva por importe de 10.619,97 € a favor de Van Divulgación Cultural S.L. pola prestación de servizos técnicos para o Centro de Artesanía Tradicional. Expte. 2/330.

DEPORTES
5.- Proposta de autorización á A.C.V.D. Nautilus para a organizar a "I Carreira e Andaina d@s Jord@s" o día 16 de outubro de 2011. Expte. 10664/333.

6.- Proposta de autorización á A.VV. San Xoán Poulo para organizar a "IV Carrera popular Fernando Nogueira" o día 9 de outubro de 2011. Expte. 10680/333.

7.- Proposta de autorización á SCDR Helios Bembrive para organizar a "XXVII Carreira Popular da Amizade" o día 12 de outubro de 2011. Expte. 10704/333.

8.- Proposta de autorización á Delegación de la Federación Gallega de Atletismo para organizar a "VI Carreira popular Vigo+11" o día 16 de outubro de 2011. Expte. 10705/333.

EDUCACIÓN
9.- Expediente de contratación polo procedemento aberto dos servizos de mantemento das instalacións interiores de seguridade dos centros educativos e conexión á central de seguridade de alarmas. Expte. 12528/332.

FOMENTO
10.- Proxecto de reforma interior de Edificación como Escola Infantil na rúa Mestres Goldar do Concello de Vigo. Expte. 2007/443.

11.- Proxecto de humanización da rúa Pintor Colmeiro (rúa Tarragona-Álvaro Cunqueiro). Expte. 2008/443.


12.- Proxecto de humanización da avda. Ramón Nieto. Fase II. Expte. 2009/443.

13.- Proxecto de humanización da rúa Brasil. Expte. 2010/443.

INTERVENCIÓN XERAL
14.- Xustificantes de libramentos.

MEDIOAMBIENTE
15.- Recomendación do valedor do pobo en relación coa queixa C.6.Q/1666/2010 sobre molestias producidas pola permanencia de persoas nas portas de locais de ocio en zona acústicamente saturada. Expte. 2102/321.


RECURSOS HUMANOS
16.- Rectificación de erro no acordo da X.Goberno local do 9.09.11, relativo á aprobación provisional de admitidos e excluídos, composición de tribunais e data de de celebración do 1º exercizo de prazas contidas na OEP 2008. Expte. 22314/220.

17.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal municipal correspondente aos períodos marzo-xullo e abril-agosto 2011. Expte. 22249/220.

TURISMO
18.- Renuncia de bolseira de formación en prácticas da Concellería de Turismo. Expte. 3803/104.

URBANISMO
19.- Aprobación inicial do Proxecto de urbanización da "AOD APR A-3-37 Tomás Paredes 1". Expte. 4975/401.

VERBUM
20.- Indemnización substitutiva por importe de 51.138,56 € a favor de Empresa Securitas Seguridad España S.A. UTE pola realización do Servizo de vixilancia do Verbum. Expte. 1865/340.

21.- Indemnización substitutiva por importe de 69.752,14 € a favor de Empresa de Servizos Securitas S.A. pola realización do Servizo de atención ao público e coordinación de actividades de Verbum. Expte. 1866/340.

22.- Indemnización substitutiva por importe de 28.401,37 € a favor de Empresa Samyl S.L. pola realización do Servizo de limpeza no Verbum. Expte. 1867/340.

23.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 7 de outubro de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 5 de outubro de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.