Escoitar

Domingos de creación literaria no Verbum

O Verbum comeza de novo os seus obradoiros dominicais para nenos e familias. A primeira sesión será o domingo 9 de outubro e nesta ocasión dedicarase o mes a uns talleres nos que se traballarán temas de imaxinación e creatividade. A actividade está orientada a menores de 5 a 12 anos e familias, con entrada gratuíta ata completar aforamento (50 persoas) en horario de 12 a 13.30 horas.

venres, 7 out 2011
Da man de importantes escritoras e narradoras do noso país como María Lado, Ledicia Costas e Lucía Aldao, tentarse achegar aos máis pequenos tódolos segredos que están detrás da creación de historias. E para iso nesta ocasión contarase tamén coa axuda dos máis maiores que acompañarán aos cativos nesta viaxe pola creación literaria conformando así historias en común.

A actividade partirá de xogos baseados na oralidade, na lectura e na narración para que, a través do traballo colectivo de tódolos asistentes, se constrúa unha historia e posteriormente narrala (para os máis cativos) ou escribila (para os máis maiores).

Con estes obradoiros querese estimular a parte máis creativa dos asistentes e fomentar o traballo en familia.

AFORAMENTO LIMITADO A 50 RAPACES E FAMILIAS.
ENTRADA POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA.

Domingos 9, 16, 23 e 30 de outubro de 2011
PARA NENOS DE 5 A 12 ANOS
DE 12.00 A 13.30 HORAS
ENTRADA GRATUÍTA PARA TODOS OS ASISTENTES