Escoitar

Abel Caballero reclama á Xunta a construcción "imprescindible" da condución de emerxencia para garantir o abastecemento de auga

O alcalde manifestouse en "absoluto desacordo" coa decisión do goberno autonómico de non construir a conexión de emerxencia entre a confluencia dos ríos Verdugo e Oitavén coa condución de auga de Vigo. Caballero recordou que o encoro de Eiras atópase no 44,3% da súa capacidade e por debaixo do 35% "a calidade do auga vai empezar a diminuir de forma visible". O consumo actual é de medio punto por día.

venres, 14 out 2011
1318596279alcalde4.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou novamente da Xunta de Galicia a construción da canalización de emerxencia entre a unión dos rios Verdugo e Oitavén coa condución do abastecemento de auga de Vigo, unha obra "imprescindible" atendendo ás "adversas" previsions metereolóxicas e ao estado dos encoros vigueses.

Caballero recordou este venres que esta obra precisa de 45 días para ser finalizada e a Xunta de Galicia non a considera necesaria mentres os niveis de auga abastezan para 40 días, co que, de non chover nestes 40 días, o tempo sería insuficiente.

O alcalde explicou que o nivel actual do encoro de Eiras é do 44,3% e a cidade está a consumir medio punto porcentual cada día. Por debaixo do 35%, "a calidade do auga vai empezar a diminuir de forma visible", alertou Caballero; "non parece que vaia a chover" e a Xunta de Galicia "non actúa".

Abel Caballero amosouse en "absoluto desacordo" coa postura adoptada polo goberno de Núñez Feijóo na comisión de seguemento da seca, celebrada esta mañá en Santiago. O rexedor esixiu do presidente autonómico que atenda ao abastecemento de auga da área viguesa, con medio millón de habitantes.
Descargar todas as imaxes