INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS (ITE) - 2011
Lémbrase á cidadanía que, de acordo co sinalado na disposición transitoria única da vixente Ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE) do Excmo. Concello de Vigo, durante este ANO 2011 deberán pasar a súa primeira inspección AS EDIFICACIÓNS CONSTRUÍDAS ENTRE 1970 E 1980.
A listaxe destas edificacións atópase a disposición das persoas interesadas para a súa consulta na páxina web do Concello http://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo4.php e nos taboleiros de anuncios do Concello e da Xerencia Municipal de Urbanismo.
QUE É A ITE?
A ITE é unha INSPECCIÓN QUE DEBERÁN PASAR TODAS AS EDIFICACIÓNS, CALQUERA QUE SEXA O SEU DESTINO (vivendas, oficinas, industria, comercio, etc.), EN FUNCIÓN DA SÚA ANTIGÜIDADE PARA ACREDITAR O SEU ESTADO DE SEGURIDADE CONSTRUTIVA. Permitirá que se acometa, a tempo, a execución das medidas inmediatas que eviten tanto os riscos para a seguridade das persoas coma a necesidade de afrontar reparacións máis complexas e custosas.
QUEN ESTÁ OBRIGADO?
Todos/as os/as propietarios/as, persoas físicas ou xurídicas titulares de calquera tipo de ben inmoble.
COMO SE PASA A INSPECCIÓN?
A inspección debe realizarse por profesionais independentes legalmente facultados para levar a cabo esta función. As persoas propietarias deberán encargar a un/unha técnico/a competente a expedición do informe de inspección e facilitará ao/á dito/a técnico/a a visita de inspección a todas as dependencias do edificio. Unha vez efectuada a inspección farase constar o seu resultado nun impreso normalizado que deberá ser presentado no colexio profesional correspondente e no Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo. O seu resultado quedará reflectido nun rexistro de edificacións creado para o efecto.
CANTO CUSTA?
O seu custo será o libremente pactado cos/coas profesionais que a propiedade ou comunidade de propietarios contrate para realizar a inspección.
Actualmente está aberto o prazo de presentación de solicitudes da "convocatoria de axudas ás persoas propietarias que carezan de recursos suficientes para a realización da ITE correspondente ao ano 2011" e que sexan propietarias dun único ben inmoble que sexa a súa vivenda habitual. O dito prazo rematará o venres 30 de decembro de 2011.
PODEN SANCIONARME POR NON PRESENTAR O INFORME?
O incumprimento de presentación do informe en prazo constitúe unha infracción urbanística leve, sancionable con multa de 300 a 6000 €. Non se poderán conceder axudas municipais á rehabilitación total ou parcial das edificacións sen cumprir en prazo coa obriga de presentar o informe de ITE.
Para calquera aclaración pode consultar a páxina web do Concello ou chamar ao teléfono de información de atención cidadá "010".
Vigo, 4 de outubro de 2011
O ALCALDE - PRESIDENTE DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO,
Abel Caballero Álvarez