Escoitar

O alcalde anuncia o inicio dunha campaña de consumo responsable de auga de non preverse choivas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que, de continuar as previsións metereolóxicas sen choivas, o goberno local iniciará unha campaña cidadá en medios para chamar ao consumo responsable de auga, dado que o gasto do Concello xa é "mínimo" desde hai un mes. O primeiro edil indicou que estamos nunha "situación moi difícil", co volume embalsado en Eiras dun 54,4% e en Zamáns dun 45,5%.

mércores, 21 set 2011
1316606223Imagen005.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe mércores que o Concello iniciará unha campaña de consumo responsable de agua para a cidadanía de non preverse choivas próximamente.

Abel Caballero recordou que o goberno local xa está a gastar o "mínimo" no consumo público desde hai un mes e, ante a "situación moi difícil" na que nos atopamos", o Concello impulsará unha campaña en medios de comunicación para alentar ao aforro de auga entre a cidadanía de continuar as previsións de seca, co obxectivo de gañar un mes máis de consumo.

O alcalde estimou que os restantes municipios do área metropolitana viguesa, aos que a cidade surte de auga, deberían dar comezo a unha iniciativa similar entre os seus veciños, o que solicitará aos seus homólogos ben en persoa ben por escrito. "Temos que facer un esforzo común de aforro de agua", concluíu.

Caballero informou que o encoro de Zamáns atópase actualmente no 45,5% de volume de auga embalsado, mentres que o de Eiras está no 54,4%. A situación non é tan grave como semanas atrás porque as medidas levadas adiante polo Concello "están a surtir efecto" pero continúa a ser "moi difícil".

Azud
O rexedor vigués celebrou a entrada en funcionamento do novo bypass ao emisario submarino que surte de agua de Vigo a Cangas e Moaña, unha obra declarada de urxencia polo goberno local que permitiría técnicamente ceder máis cantidade ao Morrazo.

Caballero reclamou á Xunta de Galicia a construcción do azud entre o río Verdugo e o encoro de Eiras que permita á cidade contar con máis auga para os "800.000 habitantes equivalentes" do gran Vigo.
Descargar todas as imaxes