O alcalde reiterou a necesidade de que Vigo conte cun hospital público de 1.400 camas
Abel Caballero reclamou hoxe martes á necesidade de que Vigo conte cun hospital con fondos e capital públicos porque a "cidade non reclama máis do que teñen A Coruña ou Santiago". Indicou que o proxecto funcional que estaba inicialmente consensuado e aprobado "quedou abandonado" e -exemplificou- das 1.450 camas previstas, pasarán a 700.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou hoxe martes a necesidade de que Vigo conte cun hospital con fondos e personal públicos. Nunha comparecencia cos medios de comunicación, indicou que a cidade "non quere un hospital privado" e non reclama máis do que teñen A Coruña ou Santiago.
O rexedor amosou a súa "crecente preocupación" ao saber que o proxecto funcional que estaba inicialmente consensuado e aprobado quedou "completamente abandonado" e das 1.450 prazas previstas, van a quedar aproximadamente en 700. Estase construíndo un hospital que é a metade do que precisa a
cidade, explicou, "temos diante un hospital privado que resultará "hiperraquítico" para esta cidade.
Ademáis da reducción de camas, o hospital previsto pola Xunta, engadiu o rexedor, suprimirá o ámbito de investigación científica-oncolóxica, as urxencias quedarán disminuídas á cuarta parte e eliminaráse a residencia de externos.
Descargar todas as imaxes