Escoitar

Novas actividades de voluntariado medioambiental

A Oficina Municipal de Voluntariado ten programado para os próximos días novas actividades de voluntariado medioambiental xunto coa asociación Fontaiña, centradas principalmente na limpeza de dunas ou arranxo de pequenos desperfectos.

martes, 20 set 2011
1316520717DSCF3503.JPG
Sábado 24/9. Obradoiro polo litoral en Fontaíña-Baluarte. Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados, arranxar pequenos desperfectos, reposición de paneis informativos, colocar titores ós piñeiros. Horario: 10:00-13:00 h. Nº de prazas: 15

Xoves 29/9. Bricovoluntarios en Cabo de Mar. Limpar lixo de dunas, praia, rochas e piñeiral, eliminar rebrotes de uña de gato, limpar entullo, revisar valado, colocar pantallas de captación de area e reparar desperfectos pequenos.
Horario: 16:30-18:30 h. Nº de prazas: 7.

Mércores 5/10. Bricovoluntarios na praia da Fontaíña-Baluarte. Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados, arranxar pequenos desperfectos, reposición de paneis informativos, colocar titores ós piñeiros. Horario: 16:30-18:30 h. Nº de prazas: 7.

Sábado 22/10. Obradoiro polo litoral na Xunqueira do Lagares. Eliminación de flora exótica bioinvasora, limpeza de lixo na marisma, titorización de arboriñas. Horario: 10:00-13:00 h. Nº de prazas: 15.

Tamén hai novos cursos de formación para o próximo cuatrimestre e novas necesidades de entidades. Máis información no 986810213 ou en ofi.voluntariado@vigo.org
1316520717DSCF3503.JPG
1316520797imagen15.jpg
Descargar todas as imaxes