martes, 20 setembro 2011

O alcalde subliña que o goberno local multiplicou por catro o investimento en becas desde 2007

Abel Caballero cifrou o "apoio" do goberno que preside á ensinanza, singularmente á publica, nos 2,5 millóns de euros que destina este ano o Concello de Vigo a becas de libros, comedor e inglés, cando en 2007 o total ascendía a 605.000 euros. O alcalde e a concelleira de Educación, Raquel Díaz, acudiron este martes ao Instituto Santa Irene para a inauguración oficial do curso de Secundaria e Bachiller, nos que estudarán uns 20.000 vigueses este ano.

Caballero recibiu ao alumnado do curso de "accións formativas para desempregados"

martes, 20 set 2011

O alcalde de Vigo mantivo unha entrevista este martes cos quince alumnos e alumnas da Escola de Turismo CEBEM, de visita hoxe no Concello, que asisten ao curso "Accións formativas para desempregados", que inclúe un módulo de comunicación. Os estudantes puideron departir co rexedor vigués e coñecer instalacións municipais como a sala de prensa ou o Salón de Plenos da Corporación.