Escoitar

Videoforum da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos

O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o xoves 22 de setembro ás 18.00 horas a proxección do filme "AMERRIKA" de Cherien Dabis, incluído dentro do programa de actividades do Centro da Concellería de Igualdade de Vigo.<br />

mércores, 21 set 2011
1316604139amerrika.jpg
SINOPSE: A vida de Muna transcorre entre a pesadez diaria dos puntos de control de Cisxordania e a sombra dun matrimonio fracasado, pero todo cambia cando obtén un permiso de traballo e residencia para EE.UU. Sabendo que é a única maneira de conseguir un futuro mellor, Muna e o seu fillo adolescente, Fadi, deixan Palestina en busca dunha nova vida nunha pequena cidade de Illinois. A irmá de Muna, o seu marido e o seu tres fillas, instalan aos recentemente chegados na súa casa. Alí terán que esforzarse por encaixar nunha nova cultura sen perder a propia, enfrontándose a unha contorna que, tras a invasión de Iraq, mira con desconfianza a todo Oriente Medio. Mentres Fadi congenia coa súa curmá rebelde e métese en leas no instituto, a indomable Muna non perde a esperanza e, a pesar de ter que levar unha dobre vida na hamburguesería local, afronta con optimismo esta nova etapa, ensinándolle ao seu fillo unha lección que nunca esquecerá.
Descargar todas as imaxes