O alcalde solicitará oficialmente á Xunta construir de urxencia o trasvase para o abastecemento de auga de Vigo
Abel Caballero anunciou este luns a convocatoria dunha Xunta de Goberno Local para solicitar da Xunta de Galicia "oficialmente a declaración de zona de atención inmediata e preferente" do abastecemento de auga de Vigo, e enviará un requerimento para que constrúa a conexión de emerxencia entre a unión dos rios Verdugo e Oitavén coa rede viguesa. A situación é "preocupante" e en dúas ou tres semanas podería notarse unha merma na calidade da auga.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a solicitude oficial á Xunta de Galicia da urxencia da construción do trasvase de auga desde a confluencia dos rios Verdugo e Oitavén ata a condución do abastecemento viguesa.
Nunha visita ao encoro de Zamáns, Abel Caballero indicou que a situación actual é "preocupante", as previsións metereolóxicas indican seca para esta semana e o nivel de auga embalsada en Eiras é do 43% e en Zamáns do 35,9%. Esto "significa que dentro de quince días aproximadamente haberá moi serios problemas en Nigrán e en Baiona", abastecidos por Zamáns. Caballero contactará cos rexedores de ambos municipios para informarlles da situación.
Eiras, o encoro que da servizo á poboación de Vigo, permitirá dúas ou tres semanas máis de auga sen merma da calidade, o que nótase por debaixo do 35% de volume embalsado. O alcalde recomendou consumo responsable á cidadanía e criticou á Xunta de Galicia por facer "oidos sordos" ante as reclamacións da cidade.
Abel Caballero adiantou que, desde o pasado venres, o goberno local xa está a elaborar o proxecto de condución de emerxencia, en previsión de que a Xunta de Galicia non o acometa. "Non imos quedar cos brazos cruzados", apuntou. O obxectivo pasa por que o goberno autonómico realice esta obra e poida estar "preparada" en 30 ou 40 días.
Descargar todas as imaxes