venres, 21 outubro 2011

O alcalde informa da saída a licitación dunha nova Escola Infantil municipal en Navia, cun orzamento de 700.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a licitación do proxecto básico e de execución para as obras de construción dunha escola infantil municipal en Navia, para o que o goberno local adica 700.000 euros. Caballero recordou que en próximos meses comezarán a funcionar as de Tomás Alonso e Casiano Martínez, e Mestres Goldar ten partida para continuar coas obras. O goberno conta ademais con 300.000 euros para proxectos de escolas infantís en A Seara, Lavadores e A Doblada.

O goberno local aproba a reforma da estrutura interior da antiga Escola de Hostelería

venres, 21 out 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres do acordo adoptado na Xunta de Goberno Local para aprobar o proxecto e a obra de reforma da estrutura interior do inmoble do Berbés, onde o Concello prevé habilitar o centro de inclusión social. O goberno investirá 225.000 euros en subsanar "deficiencias estruturais" nos accesos, nas escaleiras e no ascensor, imprescindibles para calquera uso municipal.

Caballero eloxia a programación da ópera Madama Butterfly no Auditorio Mar de Vigo

venres, 21 out 2011

O alcalde presentou este venres a representación desta obra de Puccini, que acollerá o Auditorio "Mar de Vigo" o próximo 6 de novembro ás 19 horas, con prezos entre os 28 e os 35 euros dispoñibles en Servinova. Abel Caballero recalcou a "gran importancia" dunha ópera deste calibre que a "calquera cidade" lle gustaría acoller, que toma o relevo de Aida nas representacións líricas en Vigo.

O rexedor inaugura no Marco You are not alone, unha exposición innovadora sobre o sida

venres, 21 out 2011

Abel Caballero participou esta mañá na presentación dunha exposición que, baixo o título You are not alone, ofrece unha mirada innovadora sobre as causas, as consecuencias e o contexto actual doVIH. O rexedor destacou durante a súa intervención e a belleza da mostra reside en que "é capaz de transmitir con sensibilidade o "que significa a igualdade, a ausencia de prexuizos que nos permitan escapar de circunloquios satanizadores que excluyen".