O alcalde esixe que Vigo tamén estea incluída na Rede Europea de Alta Velocidade
Abel Caballero reclamou ao Ministerio de Fomento que esixa da Comisión Europea que Vigo figure na Rede Europea do AVE, igual que consta na Rede Española de Alta Velocidade. O borrador de mapa europeo de transporte non inclúe a conexión de pasaxeiros por Cerdedo e o alcalde instou a incluílo pola vía da subsanación de erros. Por outra banda, Caballero demanda que o Porto de Vigo sexa tamén considerado central na estratexia europea de mercancías.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este xoves a inclusión de Vigo na Rede Europea de Alta Velocidade de pasaxeiros, tal e como xa figura no mapa español do AVE.
Tras a presentación onte por parte da Comisión Europea do borrador da rede europea, o alcalde vigués definiu de "inadmisible e intolerable" que Vigo non apareza no mapa comunitario, polo que obtivo o compromiso do ministro de Fomento, José Blanco, de subsanalo pola vía administrativa prevista de rectificación de erros.
O alcalde vigués anunciou este xoves a remisión de sendas cartas ao presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, e ao titular de Fomento, José Blanco, para reclamar que a conexión directa Vigo-Madrid conste na rede europea do AVE "de forma inmediata".
Por outra banda, Abel Caballero asegurou estar "moi vixilante" sobre a cuestión e adiantou da convocatoria do Eixo Atlántico para abordar a cuestión e da presentación ao Pleno da Corporación municipal de Vigo dunha resolución para que os grupos políticos apoien a devandita rectificación.
Porto de Vigo
No tocante ás autoridades portuarias, o mapa europeo sitúa ao de Coruña como central, xunto aos de Xixón e Bilbao, algo que en Vigo "non entendemos", segundo apuntou Caballero.
O alcalde tamén reclama de Europa -a través do Ministerio de Fomento- a inclusión de Vigo como porto central por ter tráficos vencellados co transporte terrestre en niveis "moi por enriba" de Coruña ou Xixón. "Hai un erro de bulto", aseverou, porque "o porto que proporciona o transporte terrestre en Galicia é o de Vigo".
Descargar todas as imaxes