xoves, 20 out 2011
O alcalde vigués desvelou que o Goberno de España -a través de Acuanorte- xa ten 200.000 euros asignados á elaboración do proxecto técnico do trasvase da parte alta do río Verdugo ata o encoro de Eiras, para o que asinarase un convenio en dúas semanas. Por outra banda, Medioambiente tamén adica 200.000 euros para redactar o proxecto técnico da ampliación da ETAP do Casal.
xoves, 20 out 2011
O alcalde de Vigo entrevistouse na mañá deste xoves co director da liña de negocio de Coren Grill, quen transmitiu ao rexedor a vontade do grupo alimenticio de ampliar a súa presenza na urbe. Segundo detallou Caballero, a empresa contará con toda a "cooperación e facilidades" municipais para incrementar os seus seis establecementos, xa que Coren considera Vigo "estratéxico" no seu plan de desenvolvemento.
xoves, 20 out 2011
O sistema educativo que dominou España durante a posguerra é o fío central da obra "O florido pénsil", da compañía teatral Eme2 Emocion&Arte e que se representará o venres, día 21 , ás 21 horas no Auditorio Municipal.<br />
<br />
xoves, 20 out 2011
O Consello Municipal da Muller quere fazer pública a sua repulsa diante do novo caso de terrorismo machista no que Cristina González Sacau de 39 anos foi asasinada a mans do seu marido. O Consello reuníuse o mércores, 19 de outubro, e aprobou por unanimidade a declaración de repulsa.
xoves, 20 out 2011
A Casa das Mulleres acolle durante o mes de outubro unha programación sobre "Muller e Ciencia" co fin de difundir e visibilizar as achegas das mulleres científicas á nosa sociedade. O ciclo está adicado á muller na Astronomía. O venres 21 de outubro ás 19.00 horas Josefina Ling, profesora de astronomía e astrofísica da Universidade de Santiago de Compostela pronunciará unha conferencia sobre " O papel das mulleres na astronomía".