Caballero compromete "cooperación e facilidades" para a expansión de Coren en Vigo
O alcalde de Vigo entrevistouse na mañá deste xoves co director da liña de negocio de Coren Grill, quen transmitiu ao rexedor a vontade do grupo alimenticio de ampliar a súa presenza na urbe. Segundo detallou Caballero, a empresa contará con toda a "cooperación e facilidades" municipais para incrementar os seus seis establecementos, xa que Coren considera Vigo "estratéxico" no seu plan de desenvolvemento.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comprometeu hoxe xoves toda a "cooperación e facilidades" para "favorecer" a expansión de Coren Grill na cidade.
Tras unha reunión celebrada esta mañá, Abel Caballero indicou que a empresa ten a "vocación decidida" de ampliar os seis establecementos cos que conta actualmente na urbe ao considerar Vigo "estratéxico" dentro do seu plan de expansión.
Descargar todas as imaxes