Escoitar

Abel Caballero asegura que Medioambiente xa iniciou o proxecto técnico do trasvase de auga desde o Verdugo

O alcalde vigués desvelou que o Goberno de España -a través de Acuanorte- xa ten 200.000 euros asignados á elaboración do proxecto técnico do trasvase da parte alta do río Verdugo ata o encoro de Eiras, para o que asinarase un convenio en dúas semanas. Por outra banda, Medioambiente tamén adica 200.000 euros para redactar o proxecto técnico da ampliación da ETAP do Casal.

xoves, 20 out 2011
1319114627caballero.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, desvelou este xoves que o Goberno de España xa ten 400.000 euros asignados para elaborar os proxectos técnicos do trasvase de auga do río Verdugo ata o encoro de Eiras e da ampliación da ETAP do Casal.

Indicou Caballero que os proxectos xa estanse a elaborar, cun orzamento procedente dos fondos europeos 2007-2013 de 200.000 euros para cada iniciativa. As dúas obras sumarán un investimento total de 40 millóns, que serán conveniadas con Acuanorte en dúas semanas.

O rexedor vigués adiantou que os dous proxectos estarán rematados no mes de xaneiro, tras o que procederase a executar os trámites e o investimento. Caballero asegurou que os informes ambientais previos á obra os elaborará o propio Ministerio de Medioambiente.

Volume de auga
O alcalde de Vigo informou do estado actual dos encoros vigueses, unha "situación moi seria e grave" ao atoparse Eiras no 41,7% de volume embalsado, mentres que no mesmo día de 2010 acadaba o 61,3% e en 2009 subía ao 68,4%.
Descargar todas as imaxes