O alcalde solicitará oficialmente á Xunta construir de urxencia o trasvase para o abastecemento de auga de Vigo
Abel Caballero anunciou este luns a convocatoria dunha Xunta de Goberno Local para solicitar da Xunta de Galicia "oficialmente a declaración de zona de atención inmediata e preferente" do abastecemento de auga de Vigo, e enviará un requerimento para que constrúa a conexión de emerxencia entre a unión dos rios Verdugo e Oitavén coa rede viguesa. A situación é "preocupante" e en dúas ou tres semanas podería notarse unha merma na calidade da auga.