Escoitar

Comeza o ciclo de conferencias "Muller e saúde integral"

A Concellería de Igualdade comeza este mércores, 19 de outubro ás 19.00 h na Casa das Mulleres o Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL II" co relatorio "O traballo das Doulas"

luns, 17 out 2011
O pasado mes de abril púxose en marcha este ciclo que se enmarca nas actuacións do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo (2009-2012) e ten como obxectivo promover a mellora da calidade de vida e saúde integral das mulleres potenciando o seu benestar físico e psíquico en todas as etapas das súas vidas.

A participación en todas as actividades deste ciclo son gratuíta e non require inscrición previa.

Durante os mércores das vindeiras semanas terán lugar distintos relatorios relacionados coa temática do ciclo:

Outubro
Relatorio " O traballo das Doulas "
Colabora: Fundación EOMAIA (Espazo de atención integral á muller)
Intervén: Susana Iglesias, comadrona e a doula Luzía Titán
mércores, 19 de outubro ás 19.00 h

Relatorio " A importancia da lactación materna "
Colabora: Asociación pro-lactación materna DeLeite
Intervén: Iria Medranho e Xiana González
mércores, 26 de outubro ás 19.00 h

Novembro
Relatorio " Os primeiros auxilios na vida cotiá "
Colabora: Plan Saúde do Concello de Vigo
mércores, 9 de novembro ás 18.30 h

Relatorio " O Alzheimer: concepto, evolución e tratamento "
Colabora: Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer-AFAGA
Intervén: Luz Pérez Pereira, Traballadora Social
mércores, 16 de novembro ás 19.00 h

Relatorio " Hábitos alimenticios para unha vida saudable "
Colabora: Plan Saúde do Concello de Vigo
mércores, 23 de novembro ás 18.30 h

Mesa Redonda: "Cómo afrontar a diagnose dunha enfermidade non común"
Colabora: Ela-España(Asociación española contra a Leucodistrofia) e ASEM-Galicia (Asociación galega contra as enfermidades Neuromusculares)
mércores, 30 de novembro ás 18.30 h