Escoitar

Caballero anima a toda a cidadanía a asitir á representación "excepcional" de O Florido Pénsil

Acompañado por dous dos actores protagonistas, Abel Caballero, presentou hoxe a a obra de teatro O Florido Pénsil, o espectáculo máis aclamado dos últimos vinte anos e que o próximo venres, 21 de outubro se representará no Auditorio Municipal. Antonio Durán "Morris" e Xosé Manuel Olveira "Pico" son dous dos artistas que dan vida a esta adaptación galega dun texto que se estrenou no 1996.

luns, 17 out 2011
1318853631morris.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou hoxe luns a toda a cidanía a disfrutar de O Florido Pénsil, a adaptación galega de una exitosa obra que leva desde 1996 recorrendo teatros de toda España. O próximo venres 21 de outubro, no Auditorio Municipal, Antonio Durán "Morris", Alfonso Agra, Federico Pérez y Josito Porto serán os encargados de contar as vicisitudes dun grupo de chavales sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España de posguerra.

Na rolda de presentación, na que estivo acompañado por dous dos actores da obra, Antonio Durán "Morris" e Xosé Ramón Olveira "Pico" , dixo que "ser alcalde ten privilexios como o de presentar unha obra excepcional, cun reparto de actores e directores excepcionais". Explicou que o texto é a memoria antropolóxia de xeracións enteiras "que formamos parte desta forma de ter entendida a educación e que cada vez que vemos esta obra recordamos unha parte da historia deste pais, entre aqueles que nacimos entre os anos 40 e 50".

O Florido Pénsil ten a súas espaldas máis de 3.000 funcións nas tres versións que se fixeron: español, catalán e euskera. Estivo en carteleira en Madrid durante nove meses con cheos absolutos, ademais de duos meses en Buenos Aires. Foi o espectáculo máis aclamado dos últimos vinte anos da historia do teatro español e un dos de maior afluencia de público.
Descargar todas as imaxes