Escoitar

Caballero eloxia a programación da ópera Madama Butterfly no Auditorio Mar de Vigo

O alcalde presentou este venres a representación desta obra de Puccini, que acollerá o Auditorio "Mar de Vigo" o próximo 6 de novembro ás 19 horas, con prezos entre os 28 e os 35 euros dispoñibles en Servinova. Abel Caballero recalcou a "gran importancia" dunha ópera deste calibre que a "calquera cidade" lle gustaría acoller, que toma o relevo de Aida nas representacións líricas en Vigo.

venres, 21 out 2011
1319198404opera.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou á cidadanía a presenciar a ópera Madama Butterfly que acollerá o Auditorio Mar de Vigo o próximo 6 de novembro ás 19 horas.

Os prezos oscilan entre os 28 e os 35 euros e as entradas xa están á venda a través de Servinova. Caballero, quen subliñou a "gran importancia" desta peza de Giacomo Puccini así como a oportunidade de tela na cidade, presentou a representación este venres con Nieves García-Soto, da organizadora Concerlírica, co director do Auditorio, Daniel Miranda, e co barítono Luis Santana, quen interpreta o papel de Sharples.

Segundo desvelaron, a montaxe desta peza é sinxela ao contar cun único escenario durante toda a obra e a calidade da compañía garante o éxito dunha das óperas máis representadas e coñecidas de Puccini.

REPARTO

CIO-CIO-SAN – SOPRANO - MIKI MORI

PINKERTON – TENOR – ANDRÉS BERAMENDI

SHARPLES –BARITONO - LUIS SANTANA

GORO – TENOR – PAVEL NAUMENKO

SUZUKI – MEZZOSOPRANO - NATALIIA MATVIEIEVA

COMISARIO –BAJO - MAKSIM IVASCHUK

YAMADORI –BARITONO - VLADYSLAV LYSAK

KET – SOPRANO – IRINA GOLOVCHENKO

BONZO – BAJO - YURIY ALEKSIYCHUK




Equipo artístico

DIRECTOR MUSICAL: Vasyl Vasilenko

DIRECTORA DE CORO: Ludmila Estrelsova

ASESORA Á DIRECCIÓN DE ESCENA: Miki Mori

DIRECTOR INTENDENTE TEATRO DE DONETSK: Vasili Riabenkiy

DECORADOS, ATREZZO: Teatro Ópera de Donetsk

VESTIARIO, calzado, pelucas : Teatro Ópera de Donetsk

REXIDORA Valentina Korniyenko

MAESTRA INTERNA: Nina Ilinia

DIRECCIÓN XERAL: Leonor Gago
Descargar todas as imaxes