O goberno local aproba a reforma da estrutura interior da antiga Escola de Hostelería
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres do acordo adoptado na Xunta de Goberno Local para aprobar o proxecto e a obra de reforma da estrutura interior do inmoble do Berbés, onde o Concello prevé habilitar o centro de inclusión social. O goberno investirá 225.000 euros en subsanar "deficiencias estruturais" nos accesos, nas escaleiras e no ascensor, imprescindibles para calquera uso municipal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da aprobación da reforma da estrutura interior do edificio da antiga Escola de Hostelería, no Berbés, onde o goberno local proxecta habilitar o albergue municipal.
A Xunta de Goberno Local deu esta mañá luz a liberar 225.000 euros para subsanar "deficiencias estruturais" no inmoble, imprescindilbles para calquera uso municipal. Trátase de mellorar os accesos, as escaleiras e o ascensor do inmoble.
Dentro da partida para o centro de inclusión social, o alcalde recordou que estes 225.000 euros aprobados hoxe pertencen aos 495.000 euros que o Concello adicará para as reformas estruturais e a adaptación do inmoble ao seu uso de albergue. Por outra banda, Caballero recordou que destinarase 512.000 euros cada ano para a xestión do mesmo. Trátase para o alcalde vigués do "cumprimento dun compromiso" coa cidade, a apertura dun albergue municipal.
Descargar todas as imaxes