Escoitar

A rede de abastecemento e saneamento de Vigo atenderá a un barrio e un polígono industrial de Mos

Un convenio asinado esta mañá de martes entre o alcalde, Abel Caballero, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, permitirá ao barrio de Herville e ao polígono industrial de Rebullóns, ambos de Mos, conectarse coa rede de abastecemento e saneamento de Vigo. Con este acordo, tal e como explicou o rexedor, amplíase o servizo de abastecemento a concellos da zona nunha "clara aposta pola cooperación, tal e como queremos que sexa a norma relación coas localidades limítrofes".

martes, 28 feb 2012
1330433975mos.jpg
O alcalde, Abel Caballero, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asinaron hoxe martes un convenio para facilitar abastecemento e saneamento a a varias zonas da localidade mosense. En concreto, atenderase, segundo explicou o rexedor, a Herville, unha zona residencial dunhas vinte vivendas unifamiliares que están moi preto de Zamáns e que están nunha situación medioambiental complexa e, en segundo lugar, conectarase á rede de Vigo co polígono do Rebullón, na estrada da Universidade , outra zona que non contaba con abastecemento e "o que é peor, con saneamento". Estas augas serán, polo tanto, tratadas na estación depuradora de Vigo. O custe do servizo será costeado polo concello de Mos que, a súa vez, o repercutirá nos usuarios, apuntou o rexedor.

Durante a súa intervención cos medios de comunicación, o rexedor avanzou que con este acordo se ampliaba o servizo de abastecemento a concellos da zona nunha "clara aposta pola cooperación, tal e como queremos que sexa a norma relación coas localidades limítrofes".


Descargar todas as imaxes