Escoitar

A Corporación insta a mellorar a calidade e organización da Escola de Artes e Oficios

Os grupos municipais acordaron por unanimidade estudar a mellora de calidade e organización da Escola de Artes e Oficios. O promotor da iniciativa, o Partido Popular, defendeu a necesidade de que esta proposta sexa trasladada aos traballadores e padroado do mencionado centro.

luns, 27 feb 2012
Os tres grupos municipais decidiron esta mañá estudar a mellora de calidade e organización da Escola de Artes e Oficios. A moción do Partido Popular que obtivo o respaldo do resto dos partidos inclúe que esta proposta sexa posta en coñecemento dos traballadores e padroado da mencionada escola, con fin de desenvolvela o antes posible.

Escolas Infantís
Por outra banda, PP, BNG e PSOE deron luz verde a unha moción popular na que solicitaban a apertura urxente das garderías de Tomás Alonso e Casiano Martínez. No texto aprobado por unanimidade ínstase, así mesmo, a desenvolver o plan de escolas infantís de Vigo.