PLAN PARCIAL S-34-R FALCOA. APROBACION INICIAL. EXPTE. 11485/411
A Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Vigo, na sesión extraordinaria e urxente do 2 de febreiro de 2012, adoptou o seguinte acordo:
"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o Plan Parcial «S-34-R FALCOA», de iniciativa municipal, consonte a documentación elaborada por PETTRA, con data febreiro 2010.
SEGUNDO: Ordenar a apertura dun período de información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous dos diarios de maior difusión da provincia, e notificar de forma individual e simultánea aos propietarios dos terreos afectados.
TERCEIRO: Publicar o acordo de aprobación inicial e apertura do período de información pública na páxina de internet municipal."
O expediente estará a disposición do público en xeral no departamento de Información de Urbanismo, situado na planta baixa do edificio da Xerencia municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n), de luns a venres, en horario de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións estimen pertinentes na súa defensa, entendéndose o periódo de exposición pública dende a primeira publicación ata pasado o mes dende a última publicación.