Escoitar

O rexedor louba a traxectoria do artista Luis Carruncho, premio Laxeiro 2012

O artista Luis Caruncho foi esta mañá de xoves galardoado co Premio Laxeiro, que se outorgou nun restaurante da cidade coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O rexedor destacou a traxectoria do premiado, sen esquecer ao artista que lle da nome aos premios. <br />

xoves, 23 feb 2012
1330013913Imagen014.jpg
O rexedor municipal e presidente da Fundación Laxeiro cualificou hoxe xoves de "grande honra" facerlle entrega do premio que lembra ao artista lalinés ao pintor Luis Caruncho. Abel Caballero, acompañado do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo entrega dunha escultura de recoñecemento "a toda unha vida adicada ao arte no seu máis amplo senso". Durante a súa intervención, lembrou que na Pinacoteca Municipal Francisco Fernández de Riego "temos unha magnífica obra" de Caruncho, situado ao lado das obras dos máis grandes artistas galegos de todos os tempos.

Caballero comezou o seu relatorio declarándose "admirador incondicional" de Laxeiro, "un pintor irrepetible e único" que conseguiu "chegar desde Lalín ata o corazón desta cidade para desenvolver desde aquí toda a súa creatividade e a súa alma". Destacou que a "todos nos quedan os cafés que compartimos con el no Café Goya nos que aprendímos tanto en moi pouco tempo". Referiuse a Laxeiro como galego, lalinés e vigués universal.
Descargar todas as imaxes