Presentación da revista Festa da Palabra nº27 "As nobel científicas"
O Museo de Mar acolle a presentación do número 27 da revista Festa da Palabra: "AS NOBEL CIENTÍFICAS o venres 24 de febreiro ás 20 h, coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Na presentación intervirán María Xosé Queizán que fará unha exposición dos contidos da revista; Teresa Nuño: mostra e explicación do seu documental "Pioneras en ciencia nuclear. Crónica de un olvido". Paula Mariño: Elisabeth Sidall. Mónica Bar: Lectura de dous poemas de E. Sidall, traducidos ao galego por Manuel Forcadela.
Ó remate realizarase unha visita á exposición sobre as dezaseis científicas premiadas co Nobel.
A FESTA DA PALABRA SILENCIADA dedica o nº 27 a seis das científicas que están vivas e activas. Elas son:
Rita Levi-Montalcini, italiana e xudía, nacida no 1909. «Polo seu descubrimento dos factores de crecemento».
Ada Yonath, hebrea, nacida en Israel en 1939. «Polo estudio da estructura e función dos ribosomas».
Christiane Nüsslein-Volhard ( 1941) nacida en Alemania. «Polos seus descubrimentos sobre o control xenético do desenvolvemento embrionario temprano».
Linda B.Buck ( 1947) en EE.UU. «Polos seus descubrimentos dos recetores olfatorios e a organización do sistema olfatorio»
Françoise Barré-Sinoussi (1947) Francia «Polo seu descubrimento do virus da inmunodeficiencia humana»
Elisabeth Helen Blackburn ( 1948) en Australia. «Polo seu descubrimento de cómo os cromosomas son protexidos polos telómeros e a enzima telomerasa»
Descargar todas as imaxes