Caballero salienta a repercusión no ámbito nacional da iniciativa de promoción turística Una noche de Vigo en Madrid
O rexedor de Vigo salientou que esta iniciativa de promoción turística da cidade foi "un rotundo éxito" e destacou o grande impacto mediático que tivo no ámbito nacional.
Abel Caballero explicou esta maña en rolda de prensa o grande éxito obtido por esta iniciativa, que serve para potenciar os nosos valores como cidade a través da cultura, a música e a gastronomía. Trátase, dixo, dunha boa forma de trasladar unha imaxe de cidade moderna cun custe económico "moi inferior ao que se destinaba noutras accións como a presenza en FITUR, por exemplo, que tiveron unha repercusión moito menor que esta".
O alcalde explicou que o evento, que será o primeiro de moitos que se celebrarán noutras "cidades españolas e incluso europeas", constou de dúas partes diferenciadas. A primeira, abundou, estivo destiñada a profesionais dos sectores vencellados ao turismo, e nela amosáronse todas as potencialidades de Vigo como destino turístico e cultural. Nunha segunda parte, "máis lúdica", un grupo de músicos da cidade demostraron que Vigo "e un referente artístico a nivel nacional". Ademais Caballero destacou a grande repercusión que tivo esta iniciativa nas redes sociais onde "miles de persoas solicitaron invitacións para asistir".
Descargar todas as imaxes