Escoitar

O Concello da luz verde á Consellería de Educación para reformar o comedor do Illas Cíes

A Xerencia de Urbanismo autorizou esta mañá á Consellería de Educación para realizar obras no comedor do Ceip Illas Cíes, cun investimento de 107.774 euros. Asimesmo, deuse luz verde esta mañá á recepción definitiva da Unidade de Acción Fraga. Segundo explicou esta mañá o rexedor, trátase das rúas García Barbón, Isabel II e República Arxentina, e supuxeron un investimento de 400.000 euros.

venres, 24 feb 2012
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou hoxe venres autorizar á Consellería de Educación a acometer obras no comedor do Ceip Illas Cíes cun orzamento de execución de 108.000 euros. Durante a rolda de prensa, o rexedor explicou que entre 2007 e 2011 o Concello construíu, reformou e ampliou 13 comedores por importe de case 400.000 euros, a pesar de non ser competencia municipal. Neste senso, lembrou que a Xunta se comprometeu a actuar en 5 comedores e "no tempo no que nós fixemos trece eles actuaron en dous -Teis Friáns e Balaídos-, sendo esta un área da súa absoluta competencia", comparou.

Unidade de Acción Fraga
Por outra banda, a Xerencia de Urbanismo deu luz verde a propoñer á Xunta de Goberno local a recepción definitiva da Unidade de Acción Fraga. Caballero explicou durante a rolda de prensa que se trata das obras do interior das rúas García Barbón, Isabel II e República Arxentina e lembrou que contaron cun orzamento de 400.000 euros. Segundo destacou, estas obras tiveron xa unha recepción parcial por acordo da Xerencia Municipal de Urbanismo en abril de 2003 e "é agora cando se reciben de forma definitiva e pasan a ser zona de ámbito público con todas las consecuencias, é unha praza máis da cidade". Na sesión desta mañá deuse conta tamén da concesión de 19 licenzas de obra e 5 de actividade para un investimento de 1,6 millóns de euros.