Escoitar
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO

CONVENIO REGULADOR DA CESIÓN GRATUITA DO SOTO PRIMEIRO DA EDIFICACIÓN SITUADA NA AVENIDA DE SAMIL

venres, 24 feb 2012
PROMOCIONES M CASAL CARREIRO presentou na Xerencia Municipal de Urbanismo do Excmo. Concello de Vigo PROPOSTA para sinatura de CONVENIO REGULADOR DA CESIÓN GRATUITA DO SOTO PRIMEIRO DA EDIFICACIÓN SITUADA NA AVENIDA DE SAMIL, NÚMERO 63, CON DESTINO A PRAZAS DE GARAXE APARCADOIRO DE USO PÚBLICO, NO ÁMBITO DA ORDENANZA  6, GRAO 4º ESPECIAL, DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE VIGO (expte 38957/422).

Negociado e subscrito o convenio con data de 17 de febreiro de 2012, de conformidade co artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), sométese a información pública por un prazo de VINTE DIAS mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal de maior difusión na provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, aos efectos de que durante tal período poidan formularse as alegacións e suxestións oportunas.

O prazo de información pública entenderase aberto dende o día seguinte á publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos VINTE DIAS dende o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio. O expediente atópase a disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (Planta baixa do edificio da Xerencia sito na praza do Rei, Vigo).