O alcalde recibe "con satisfacción" que Castellano garanta Vigo como sede operativa de Nova Galicia Banco
O rexedor de Vigo lembroulle esta mañá ao presidente de Nova Galicia Banco, José María Castellano, que os estatutos do banco establecen a obrigatoriedade de que os consellos de administración se desenvolvan en Vigo. Logo de manter un encontro cos máximos responsables da entidade financeira, Caballero amosou a súa satisfacción porque Castellano garantiu esa petición, ademais de ratificar o compromiso de que a sede operativa do banco estea en Vigo.
Abel Caballero amosou esta mañá a "súa satisfacción" co futuro do proxecto de Nova Galicia Banco, que esta mañá de venres lle trasladaron os seus máximos responsables. Caballero, que mantivo un encontro co presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano, e o conselleiro delegado, César González-Bueno, explicou en rolda de prensa que o futuro da entidade "se consolida", ao tempo que asegurou que obtivo "garantías" de que se cumprirán os estatutos con respecto á celebración dos consellos de administración e o compromiso de manter a sede operativa na cidade
Ao longo do encontro, que Caballero cualificou como "cordial e constructivo", os responsables da entidade financeira trasladáronlle a situación de Nova Galicia Banco, o momento económico no que se atopa, o contexto dos inversores internacionais e, sobre todo, a súa "vocación" de manter boa parte da súa actuación na área de Vigo e "iso é unha magnífica noticia para a cidade", indicou o alcalde.
Descargar todas as imaxes