O goberno local amplía os puntos de consulta do Arquivo Pacheco e traballa na conservación dos seus fondos
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá, entre os que subliñou a reanudación dos servizos de consulta deste arquivo, que incrementará de catro a seis os puntos de visionado dos fondos. Caballero tamén desvelou que o Concello traballa xa na dixitalización, conservación preventiva e restauración do material do Pacheco.
A aprobación das bases xerais para a autorización de reproduccións das imaxes do Arquivo Pacheco permite a reanudación do seu servizo de xeito normal, coa mellora da ampliación dos puntos de consulta dos seus fondos documentais. Aos catro dispostos na Casa das Artes súmanse un na Casa Galega da Cultura e outro no arquivo municipal do Concello.
Así o trasladou o alcalde en rolda de prensa, quen tamén adiantou que o goberno local está a traballar na catalogación e dixitalización do patrimonio do Arquivo e na conservación preventiva e restauración do mesmo.
Outros acordos
O goberno local tamén acordou aceptar as recomendacións do Valedor do Pobo ao respecto das medidas a implementar para evitar o consumo de alcol entre menores. Segundo explicou Caballero, as propostas xa estanse a levar a cabo polos departamentos municipais implicados, que consisten en accións educativas e preventivas, controis aos locais de ocio e venda de alcol e vixilancia nas zonas do chamado "botellón".
Por outra banda, o Concello deu luz verde ás bases para contratar a tres profesionais que dirixirán a segunda edición do proxecto "Imos Traballar", que conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros e aglutina a empresarios e sindicatos co obxectivo de formar e empregar a 255 persoas, especialmente a aquelas con particulares dificultades de inserción no mercado laboral.
Descargar todas as imaxes