Escoitar

O goberno local paga aos seus proveedores en 48 días, por debaixo do estipulado legalmente

A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, expuxo hoxe luns que o Concello de Vigo cumpre coa normativa que obriga ás administracións públicas a pagar as facturas en 50 días, facéndoo de media en 48 días. O informe da Tesourería Municipal correspondente ao segundo trimestre de 2011, elevado ao Pleno municipal, revela o 99,6% das obrigas contraídas pola administración local foron saldadas antes do 22 de novembro do pasado ano.

luns, 27 feb 2012
A edil socialista explicou que, tras a emisión da factura, as administracións públicas teñen a obriga legal de satisfacelas nun máximo de 50 días, un prazo que o goberno local deixa nunha media en 48 días.

No segundo trimestre do pasado 2011, e segundo os datos do informe de Tesourería, o Concello emitíu 2.858 facturas por valor de 43,6 millóns de euros, das que o 99,6% abonáronse antes do 22 de novembro. "Facemos fronte a todos os proveedores en tempo e forma", asegurou Raquel Díaz.

Deputación
Na sesión plenaria desta mañá tamén aprobouse, coa única oposión do PP, instar á Deputación de Pontevedra a saldar "de xeito urxente" as débedas que ten pendentes co Concello de Vigo e coas institucións e organismos da cidade. Ao texto, presentado polos socialistas, sumóuse unha enmeda de engádega proposta polos nacionalistas reclamando das administracións autonómica e estatal adoptar as medidas precisas para suprimir as deputacións e dotar de máis recursos aos municipios.

I+D+i
O Pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro deu igualmente luz verde ao acordo de instar á Xunta de Galicia á elaboración dun plan de desenvolvementos de I+D+i por valor de 200 millóns de euros, a executar antes do remate de 2013. A moción do PSdeG saíu adiante co respaldo do BNG e a oposición do PP, e pide asemade ao goberno de Núñez Feijóo incluir un incremento nos orzamentos das partidas destinadas a este fin, "que ao menos nos sitúe na media do Estado, que nestes momentos está no 1,39% do PIB".